Monday 20 de May de 2024

A conselleira Ethel Vázquez segue a boicotear a chegada do bus urbano 1-A a Santa Cristina


A conselleira Ethel Vázquez segue sen autorizar a prórroga do convenio para que o bus urbano da Coruña 1-A funcione ata Santa Cristina durante os meses de verán. O servizo foi creado hai 4 anos polos concellos de Oleiros e A Coruña.

A conselleira négase a prorrogar o convenio alegando que o Concello non aportou as supostas perdas de usuarios de Cal Pita. A empresa pretende cobrar case 50.000 euros ao Concello de Oleiros, sen xustificante algún da perda de viaxeiros, que serían equivalentes a máis de 60.000 viaxes, e a Xunta tampouco presentou os xustificantes que solicitou o Concello de Oleiros, non entendéndose a posición da conselleira en contra do servizo público de transporte.

A señora conselleira ten que deixar de defender a Cal Pita e autorizar e poñer en servizo o bus urbano 1-A a Santa Cristina. Se esta é a política que vai seguir aplicando o PP no transporte público da Coruña… Vaia por Deus!